logo-blanco

Adéntrate connosco nun lugar único

Un lugar que ofrece diferentes posibilidades para a realización de actividades en calquera época do ano, sempre coa natureza como protagonista.

Novas e actividades

No Nadal… vén bailar con nós

O sábado 23 de decembro, a partir das 7 da tarde en Aldea Nova, queremos convidarvos a unha merenda-baile para celebrar o Nadal. A merenda...

Papá Noel visita Aldea Nova o día 23

O sábado 23 de decembro, a partir das 12 da mañá, Papá Noel visita Aldea Nova no seu percorrido polo mundo recollendo as cartas dos...

Hai máis de 1.700 anos...

unha noite de San Xoán, aproveitando que a Moura de Sedes fora saltar a cacharela á casa da súa irmá, a Meiga Dorinda, o Nubeiro do Alto do Coto e a Xacia do Xuvia entraron na súa casa e roubáronlle o angazo co que a Moura todos os días estendía o seu tesouro na eira ao sol, a vasoira coa que todos os días a Moura barría o seu tesouro para que relucira tanto que o seu brillo cegara a todos os que por alí pasaran e o cofre coa chave onde a Moura gardaba con todo o agarimo o seu tesouro.

Hai máis de 1700 anos que a Moura de Sedes abandonou a súa aldea, apenada non tanto polo tesouro roubado como porque llo roubaran os seus propios veciños e veciñas.

Hai máis de 1700 anos que o Trasno Perollo intenta recuperar o tesouro da súa máis prezada amiga, a Moura de Sedes, sen éxito.

Foto da Meiga Dorinda

Ven coñecer Aldea Nova

A aldea construída enriba dos restos daquela aldea de hai máis de 1.700 anos onde vivía a Moura de Sedes e onde aínda viven o Trasno Perollo, a Meiga Dorinda, a Xacia do Xuvia e o Nubeiro do Alto do Coto. Vén axudarlle a Perollo a atopar o tesouro agochado da Moura de Sedes!

Parque temático rural

Moito máis que un simple parque temático; é unha inmersión cativadora na cultura, historia e tradicións de Galicia, transportándote a un mundo de encanto e autenticidade.

Unha viaxe inolvidable a través do tempo

Se estás a buscar unha experiencia enriquecedora, educativa e emocionante que che axude a coñecer o modo de vida dunha época pasada, Aldea Nova é o destino perfecto.

Foto instalacións

35.000 m2 e diferentes instalacións

Amplas zonas verdes, albergue con cociña industrial, casa tipolóxica dos anos 50, aulario, invernadoiros, etc.

Foto actividades

Aloxamento e actividades monitorizadas

Albergue con todos os servizos necesarios e actividades para centros escolares, empresas ou celebracións.

Foto actividades

Equipo de persoas e profesionais ao teu servizo

Con ampla experiencia na realización de actividades de tempo libre, xestión de grupos e traballo en equipo.

Foto aulario

Cursos de formación agrícola e de monitoraxe

Actividades formativas relacionados có cultivo ecolóxico e para monitores de tempo libre e educadores.

Logo Unión Europea
Logo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia
© Alalá Terra e Sons S.L. | Sitio implementado por GNOMIO
Consent Management Platform by Real Cookie Banner Ir al contenido