logo-blanco

Inicio > As instalacións

As instalacións

Albergue con capacidade para 44 persoas

Cuartos amplos, con luz natural e equipados con armarios individuais; todos eles saen a un patio central cuberto onde facer actividades.

Cociña industrial e comedor con capacidade para 100 persoas.

slini-03
Foto cociña
Albergue

Recepción

Pequena edificación na entrada principal, pensada como lugar de recepción de grupos onde poder tomar un café ou un refresco.

Ágora

Círculo central de pedra exterior, punto de encontro para os grupos e onde facer pequenos concertos, representacións, xuntanzas, xogos…

Planetario

Pequeno planetario donde descobrir as marabillas e misterios do universo, e achegarnos en primeira persoa á contemplación das estrelas.

35.000m2
de zona verde

Para pasear, xogar, descansar ou tomar o fresco.
Con difierentes instalacións para disfrute dos nosos visitantes.
Casa tipolóxica

Casa tipolóxica

Orixinalmente pensada como museo onde poder revivir a vida cotiá dos anos 50.

Foto do castro

Castro e mámoa

Representacións a escala dun castro e unha mámoa con fins educativos.

apiario

Apiario

Espazo adicado a descubrir o apaixoante mundo das abellas.

Aulario para formación

2 aulas/taller equipadas con material didáctico, auga e fregadeiro adecuadas para obradoiros de natureza, manualidades, oficios artesanais, etc. 

5 Aulas de formación teórica de diferentes tamaños para cursos de formación, reunións, xornadas.

invernadoiro

Invernadoiros

Horta con 2 invernadoiros, un para semilleiro e outro para cultivo de hortalizas.

merendeiros

Merendeiros

Distribuídas pola instalación hai zonas de sombra equipadas con mesas e bancos.

Foto campa de xogos

Campa de xogos

Zona exterior chan para practicar deportes, xogos tradicionais ou outros xogos de equipo.

logo-blanco
Logo Unión Europea
Logo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Financiado por la Unión Europea-Next Generation EU

© Alalá Terra e Sons S.L. | Sitio implementado por GNOMIO
Consent Management Platform by Real Cookie Banner Ir al contenido